Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno buscará apoios na oposición para aprobar as contas de 2022

concelloREdondela

Castro recoñece a dificultade do goberno para chegar a un acordo cos resto de formacións. A concelleira de Facenda avanza que a finais deste mes presentarán os orzamentos e que porán todo o seu esforzo “para lograr un achegamento polo ben de Redondela”.

Ao goberno socialista de Redondela, con tan só 7 concelleiros nunha corporación de 21, complícaselle a posibilidade de sacar adiante os orzamentos para este ano 2022. Coas contas prorrogadas do anterior goberno de Javier Bas, nos dous anos que durou o bipartito entre PSOE e AER non foi posible aprobar unhas contas municipais. A ruptura do pacto o pasado mes de agosto supuxo que os tres edís da Agrupación de Electores abandonaran o goberno local, e a aprobación dos orzamentos está agora máis lonxe. A concelleira de Facenda, María Castro, sinala que AER pon como condición para apoiar as contas a dimisión da alcaldesa, Digna Rivas, “polo que chegar a un acordo non é viable”. Con todo, o grupo socialista confía “nun cambio de rumbo” de AER que faga posible o entendemento entre os ex socios.

María Castro, concelleira de Facenda

A responsable de Facenda avanzou que neste mes de xaneiro presentarán as contas de 2022 para que o resto de grupos políticos poidan valoralas. De non contar cos votos de AER, o apoio do BNG, con dous concelleiros, non sería suficiente. A outra alternativa, o apoio do grupo municipal do PP (con 9 edís), semella “pouco probable” para Castro. Con todo, no grupo socialista non renuncian a chegar a un acordo e aseguran que porán “todo o esforzo” por chegar a un entendemento co resto de grupos que faga posible aprobar os orzamentos “porque son un documento moi importante que beneficia á cidadanía de Redondela”.

Castro asegura que o grupo socialista fará “todo o esforzo” para lograr un achegamento co resto de grupos
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará