Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os casos activos seguen aumentando en Redondela coa Atención Primaria desbordada

centro saude

A sexta onda da Covid segue sen tocar teito, e segundo os expertos non será ata mediados deste mes de xaneiro cando comecen a baixar o número de casos. En Redondela nos últimos 14 días diagnosticáronse 625 contaxios, o número total de casos activos ascende a 681, e a incidencia acumulada está en 2.139 por cada 100.000 habitantes. A situación é semellante no resto da comarca. En Pazos de Borbén diagnosticáronse 42 casos nas dúas últimas semanas, cunha incidencia de 1.420. En Soutomaior son 119 contaxios, e a incidencia está en 1.609, mentres que en Fornelos de Montes, con 38 casos, a incidencia é de 2.408. O constante incremento de casos non se está a traducir proporcionalmente nun aumento de ingresos hospitalarios, xa que a maioría dos casos son asintomáticos ou con síntomas leves. A presión, nesta sexta onda, afecta especialmente á Atención Primaria. Os centros de saúde de Redondela e Chapela, ao igual que no resto da área sanitaria, están nunha situación de “colapso”. Miguel Tizón, de CIG Saúde, sinala que se traba dun problema que era “previsible” polas eivas que arrastran en Primaria “desde hai anos”.

Miguel Tizón, de CIG Saúde

Explica que pandemia “non fixo máis que agudizar a situación de precariedade nas condicións de traballo e a perda da calidade na atención que se presta á cidadanía”. Advirte Tizón que están a facer unha medicina “de trincheiras” dando prioridade ás urxencias e ao seguemento dos enfermos Covid “porque non hai tempo para máis”.

A situación de colapso leva aos sanitarios a dar prioridade ás urxencias e o seguemento dos pacientes Covid

Para a central sindical “non vale a desculpa do Sergas da falta de profesionais”, advirten que desde hai anos que saben do problema “e non se tomaron medidas para evitalo”. Lamenta que aproximadamente o 50% das médicas e médicos que se forman nesta especialidade non quedan a traballar nos centros de saúde “pola precaridade das condicións laborais”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará