Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pon en valor a contorna da Fonte da Raíña

REDONDELA1

Os traballos de rehabilitación servirán para recuperar o peto de ánimas e o cruceiro de Santo André de Cedeira “creando unha nova área de descanso para os veciños e peregrinos”. As obras, que está previsto comecen na primavera, contan cun orzamento superior aos 24.000 euros.

A concelleira de Urbanismo e Patrimonio, María Castro, explica que o pasado ano rehabilitouse a Fonte da Raíña, en Cedeira, e neste 2022 o Concello ten previsto mellorar a súa contorna. As obras permitirán crear un novo lugar de encontro e de descanso, tanto para os veciños como para os peregrinos, xa que este enclave está situado no Camiño de Santiago pola Costa.

María Castro, concelleira de Urbanismo e Patrimonio

Os traballos inclúen a recuperación do cruceiro de Santo André e o peto de ánimas, ademais de renovar o pavimento, o mobiliario urbano e o alumeado.

As obras de recuperación e mellora desta contorna farase seguindo os criterios de rehabilitación dos técnicos “con traballos que se realizarán de xeito manual, sendo respectuosos con estes bens patrimoniais”.

Castro confía en que os traballos poidan comezar no mes de marzo, unha vez rematados os trámites administrativos para a licitación das obras. Este rehabilitación contan cunha subvención do departamento de Patrimonio da Deputación de Pontevedra “coa que pretenden a restauración de bens inmobles de titularidade municipal que teñan un recoñecido valor arquitectónico, histórico, artístico, arqueolóxico ou etnográfico”, segundo explican desde o ente provincial.

Dentro deste programa de axudas o Concello de Fornelos de Montes recibirá 3.953 euros para a recuperación dunha fonte tradicional, Pazos de Borbén conta cunha partida de 3.010 euros para a sinalización do patrimonio eclesiástico da vila e Soutomaior recibe 2.916 euros para a sinalización da ponte medieval de Comboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará