Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior estrea nova área de descanso para veciñanza e peregrinos

Soutomaior.Visita Campo Feira3

Remataron os traballos de humanización realizados na contorna do centro de saúde de Arcade, na entrada do Camiño de Santiago Portugués no termo municipal. O obxectivo foi mellorar a mobilidade e a seguridade na contorna “recuperando un espazo para os veciños, pero tamén un área de descanso para os peregrinos, así como mellorar tamén o alumeado público”.

A actuación abarcou toda a zona coñecida como o Campo da Feira, desde o viario que hai detrás do centro de saúde de Arcade até a parte dianteira do destacamento da Garda Civil. En total construíronse máis de 600 metros cadrados de novas beirarrúas e reorganizouse o tráfico da contorna actuando en máis de 1.500 metros cadrados de viarios municipais. Por último, renovouse toda a iluminación pública da zona con novas luminarias con tecnoloxía LED de baixo consumo.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou onte co alcalde, Agustín Reguera, esta actuación. As obras tiveron un orzamento de execución de 130.325 euros, que foron financiados conxuntamente coa Axencia de Turismo de Galicia. O rexedor sinalou que grazas a esta actuación “a primeira imaxe de Arcade que levan os peregrinos é unha contorna coidada, confortable e segura para os peóns”. A reorganización do espazo permitiu manter todas as prazas de aparcadoiro, ordenar o tráfico e construír unhas beirarrúas amplas “para que os veciños non teñan que camiñar entre os coches para chegar ao centro de saúde”, indicou Reguera. Do mesmo xeito, Rueda xustificou a actuación en Soutomaior definíndoo como “un enclave singular no camiño portugués, unha ruta pola que o ano pasado pasaron máis de 40.000 persoas en seis meses, un de cada catro peregrinos dos que chegan a Santiago”, explicou o vicepresidente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará