Hoxe é Domingo 10 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castelo presidirá a nova bandeira oficial de Soutomaior

Nueva bandera1

A nova bandeira oficial de Soutomaior xa está lista para ser aprobada no próximo pleno da corporación municipal. O Concello acaba de recibir a proposta para a insignia realizada pola Comisión Heráldica de Galicia, coa que garante a súa fundamentación dentro da normativa que regula os brasóns históricos galegos. Para a creación do novo símbolo oficial do Concello de Soutomaior a Comisión de Heráldica de Galicia realizou un estudo expondo os hechoshistóricos e as peculiaridades do municipio nas que se basea a nova insignia. Así, a bandeira ten como elemento central ao Castelo “ao ser testemuña e case sempre protagonista dos feitos históricos de maior relevancia no municipio”, destacan os expertos. Do mesmo xeito, o campo da bandeira compleméntase cun bordo de cadros en cor ouro e gules (amarelo e vermello) en orde inversa para facilitar o contraste que fai referencia a modo de homenaxe ao escudo de armas da liñaxe dos señores de Soutomaior.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explicou que agora a proposta de deberaa ser aprobada polo pleno municipal antes de enviala para a súa aprobación final pola Xunta de Galicia, momento no que poderá ser usada de forma oficial. “A bandeira é un dos maiores símbolos propios que se poden ter, unha representación que nos acolle a todos e seguro que será do agrado de todos os veciños”, finalizou o rexedor.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará