Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As novas limitacións lastran a hostalaría local no final do ano

OcioNocturno

As novas restricións que entran en vigor  o día 31 supoñen un novo pau para a hostalaría, especialmente para o ocio nocturno. Logo dun mes de decembro complicado, con cancelacións de comidas e ceas, a última semana do ano e o comezo de xaneiro estará marcado polas limitacións de horarios “que fan inviable o traballo de moitos negocios”, apuntan desde o sector da hostalaría de Redondela.

A peor parte lévaa o ocio nocturno, que a tan só dous días da celebración das festas de Noite Vella ve reducido o seu horario ata as 3 da mañá. Nacho Maestú, dos locais Diva e Mambo, critica a tardanza do goberno galego en anunciar as medidas xa as portas dunha celebración “coa que podíamos salvar en parte a temporada”, lamenta. No seu caso valoran “non abrir” porque co novo horario “non compensa”.

Nacho Mastú critica a tardanza da Xunta en anunciar as medidas a dous días de fin de ano

Moitas discotecas e salas de festas galegas decidiron adiantar a celebración de Fin de Ano á noite deste mércores, xa que a limitación horaria aínda non entrou en vigor. Con todo, os locais de Redondela desbotan esta opción, xa que lles impediría acceder ás axudas decretadas pola Xunta de Galicia. Maestú explica que valoran pospoñer a celebración ao vindeiro sábado, e devolver os cartos da entrada aos clientes que decidan non acudir.

O ocio nocturno de Redondela rexeita adiantar a esta noite a celebración, e valoran facer festas en xaneiro

Santiago Figueroa, que rexenta un establecemento hostaleiro sinala que os meses de novembro de decembro, que tradicionalmente supoñen unha inxección económica para os negocios, este ano foi “un desastre”. A situación epidemiolóxica supuxo moitas cancelacións de última hora “e iso supón perdas moi importantes, xa que traballamos con produtos perecedoiros”, explica este hostalario.

Santiago Figueroa explica que este mes de decembro foi un “fracaso” para o sector polas anulacións das reservas

As novas limitacións de horario (ata media noite pola semana e unha hora máis na fin de semana) supón un problema engadido. O cambio supón reducir o número de ceas e reorganizar o traballo para moitos establecementos.

A limitación de horarios para as ceas merma aínda máis a un sector especialmente castigado nesta crise

Ademais das limitacións na hostalaría, as recomendacións esténdense ás celebracións en familia. Sanidade insiste en que non se xunten máis de dúas unidades familiares, e por suposto, que non se fagan festas de Noitevella privadas.

Sanidade tamén propón evitar os eventos musicais masivos, e de celebrarse, terá que ser co público sentado. Na mesma liña, tamén recomenda evitar as aglomeracións en Reis, e mellor se as cabalgatas son estáticas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará