Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redúcense os horarios da hostalería e prohíbense as xuntanzas de madrugada

hostalaría

Sanidade impón de novo restricións na hostalería para tratar de frear a sexta vaga de contaxios, a máis explosiva e que deixa cifras marca de positividade. Os bares e restaurantes quedan de novo sen uso da barra e terán que pechar ás doce da noite, agás os venres e os sábados, que se amplía ata a unha. O peche do ocio nocturno será ás dúas da mañá. A Xunta vai establecer no que resta do Nadal a prohibición de estar pola rúa entre as 2 e as 6 da madrugada, excepto para os desprazamentos individuais ou da mesma unidade familiar.

As medidas entrarán en vigor a noite do 30 ao 31 de decembro e durarán ata o 18 de xaneiro, coa excepción de Noitevella, cando a hostalería poderá pechar á 1 da madrugada pero non poderá volver abrir ata as dez da mañá do día 1. A Xunta non desbota mesma pechar o ocio nocturno. O Goberno galego busca reducir as interaccións sociais cara ás festas e encontros de fin de ano.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou que o obxectivo é evitar que o alto ritmo de contaxios derive nun aumento da presions hospitalaria, que podería afectar a capacidade operativa dos hospitais, como xa acontece nos centros de Atención Primaria e nas urxencias.

Insisten en que a mellor ferramenta para frear esta nova vaga é a vacinación. Animan ao 6% da poboación galega que aínda está sen vacinarse a que o faga.

A sexta ola disparada

Os casos activos seguen aumentando e xa pasan dos 28.000 nunha xornada en que se suman 2.538 persoas coa infección activa. En total hai 28.334 persoas con coronavirus en Galicia. En canto aos contaxios diarios, estes baten un novo récord, ao detectarse 3.468 novos casos por probas diagnósticas. A área sanitaria de Vigo segue á cabeza dos contaxios con 7.960 (+535).

En Redondela hoxe son 417 os casos activos, logo de diagnosticarse 397 nos últimos 14 días, o que deixa unha incidencia de 1.297 casos por cada 100.000 habitantes. A situación é similar no resto de municipios da comarca. En Soutomaior detectáronse 73 casos novos nas dúas últimas semanas, o que deixa unha incidencia de 987, en Pazos de Borbén, con 42 casos diagnosticados nos últimos 14 días a incidencia é de 1.420, e Fornelos de Montes chega ata os 1.317 casos logo de diagnosticarse 21 contaxios nas dúas últimas semanas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará