Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A CUT advirte que recortar dereitos das traballadoras do SAF repercutirá no servizo aos usuarios

SERVIZO

Mañá mércores reúnese a mesa de contratación para valorar ás empresas que se presentaron para prestar o Servizo de Axuda no Fogar no Concello de Redondela. Desde o sindicato CUT sinalan que o concurso vén marcado pola “polémica” polas discrepancias políticas a causa das prescricións técnicas que non se levaron a Pleno para a súa valoración e negociación, poñéndose de acordo de forma unánime a oposición solicitando quitalo da plataforma de contratación. Advirte o sindicato que se trata dun servizo “esencial” que presta unha atención integral aos usuarios no seu fogar. Rebeca Porto, presidenta do comité de empresa de Sacyr Social, sinala que “o pilar básico deste servizo son as traballadoras” e advirte que recortar os seus dereitos laborais, incrementando funcións que non forman parte do servizo “poñen en risco a súa estabilidade laboral e tamén a atención que se presta aos usuarios”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará