Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Daniel Boullosa: “AER non fai política revanchista, seguimos traballando e facendo propostas”

Dani

A Agrupación de Electores responde ás declaracións da alcaldesa, que os acusa de querer “boicotear” ao goberno local. Boullosa sinala que seguen a facer propostas nos plenos e que para aprobar os orzamentos de 2022 primeiro o grupo socialista “terá que presentar as contas para que poidamos valoralas”.

Os desencontros entre os que ata hai uns meses eran socios de goberno non cesan na última semana do ano. Logo de que a alcaldesa socialista, Digna Rivas, acusara a AER de ter “unha teima” contra a súa persoa e de querer “boicotear” a acción de goberno, na Agrupación de Electores saen ao paso destas declaracións. O concelleiro de AER Daniel Boullosa rexeitou as críticas de Rivas, e lembra que as propostas do goberno local rexeitadas no pleno da corporación pola Agrupación de Electores tampouco contaron co apoio do resto de grupos da oposición, ao tempo que cualifica de “infantil” a estratexia do grupo socialista.

Daniel Boullosa, concelleiro da Agrupación de Electores de Redondela

O que fóra concelleiro de Cultura ata a ruptura do pacto de goberno, sinala que a súa formación segue a traballar e a facer propostas “como a nova ordenanza de autocaravanas”. En canto aos orzamentos para o ano 2022 advirte que o goberno local “aínda non presentou as contas para que poidamos valoralas”.

Boullosa afirma que AER segue a facer propostas e que valorarán as contas para 2022 cando llas presenten
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará