Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Éxito de participación e de tempos na Carreira 5K de Redondela

car

Finalmente foron preto de 200 corredores os que o domingo tomaron a saída na primeira carreira 5K Concello de Redondela. Gustavo Santiago e Beatriz Seco foron os gañadores nas categorías masculina e feminina, respectivamente. César Santos e Sofía Freaza foron os redondeláns máis rápidos nunha carreira na que preto de 40 atletas baixaron dos 20 minutos.

O presidente da Asociación Deportiva CAR, que colaborou co Concello de Redondela na organización da proba, fala de “éxito de participación”, xa que as prazas cubríronse en moi poucos días. A participación estaba limitada a 250 corredores por mor das restricións sanitarias. .Manuel Ulla salientou tamén o bo nivel dos atletas “baixando un bo número deles dos 20 minutos no percorrido de 5 quilómetros”. César Santos e Sofía Freaza foron os corredores locais máis rápidos nas categorías masculina e feminina, no caso de Freaza acadando tamén o 2º posto na categoría xeral feminina.

Manuel Ulla, presidente da Asociación Deportiva CAR

Ulla agradeceu o traballo de todos os voluntarios que axudaron na organización da proba, do Concello de Redondela e o edil de Deportes, Nacho González, así como o patrocinio de Rodavigo.

De cara ao próximo ano, o obxectivo do club é dar continuidade a esta carreira, e que co tempo poida ter un circuíto homologado e mesmo “celebrar algún campionato galego”.

No club confían en que a carreira Concello de Redondela 5K se consolide e poida ter un circuíto homologado

Para consultar os resultados da carreira https://cronotec.es/2/user/index.php?carrera=red

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará