Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela destina 85.000 euros para axudas a un cento de empresarios e autónomos

sdr

Un total de 100 empresas e persoas traballadoras autónomas recibirán nos vindeiros días o pagamento das axudas que o Concello de Redondela, en colaboración coa Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do Plan Concellos, destina a paliar a diminución ou paralización de actividade por mor da crise sanitaria da Covid.

Das cen empresas beneficiarias destas axudas –as terceiras que o Concello de Redondela concede dende o inicio da pandemia–, un total de 98 recibirán a cantidade fixa de 851,77 € mentres que as dúas restantes recibirán a cantidade que xustificaron á hora de presentar as súas solicitudes. A concelleira de Comercio María Castro, resaltou a importancia de “seguir adoptando medidas que minimicen o impacto económico provocado pola Covid-19 e que contribúen a preservar o tecido económico redondelán”. En decembro do 2020, nunha primeira convocatoria, concedéronse un total de 72 axudas por importe superior a 42.000 euros e en xaneiro do 2021 outras 32 subvencións, esta vez dirixidas especificamente ao sector da hostalaría, por máis de 9.600 euros. Para esta terceira convocatoria de axudas, o Concello destina preto de 85.000 euros. Desde a concellería de Comercio explican que “as poucas solicitudes rexeitadas correspondían a empresas que, ou ben non tiñan o domicilio fiscal en Redondela ou estaban noutros supostos como ter débedas coa facenda municipal, non estar exentas no IAE 2021 ou non figurar no censo de actividades económicas da AEAT no exercicio do 2021 e non ter local afecto á actividade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará