Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela: en risco extremo con 326 casos e subindo

redondela xeral

A situación no noso concello non deixa de empeorar e os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade falan xa de 326 persoas contaxiadas. Mantémonos polo tanto cunha incidencia que supera os mil casos por cada cen mil habitantes, unha cifra que fai temer o peor de cara as vindeiras datas de Nadal. Igual de preocupante é a evolución en Soutomaior con 82 casos activos ou en Pazos de Borbén onde, malia tratarse dunha poboación moito menor, o número de casos ascende a 28.

A evolución epidemiolóxica continúa empeorando, e dende que arrancara o mes practicamente se teñen cuadriplicado o número de casos, pasando dos 95 que se contabilizaban a día 1 de decembro aos 326 contabilizados onte. Pero non só Redondela amosa esa tendencia, xa que municipios como O Porriño ou Moaña superan tamén o millar de novos casos de Covid por cada 100.000 habitantes a 14 días, de xeito que se  sitúan en nivel de risco extremo, e tamén nesa liña camiña o concello de Tui ou mesmo o de Pazos. En mellor situación atopamos o concello de Fornelos de Montes, con menos de 9 casos diagnosticados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará