Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha placa lembra a María Teresa Contreras no Centro de Día de Cesantes

cetro de día

A conselleira de Política Social descubría unha placa na residencia de Redondela en recordo da propietaria que doou os terreos. Fabiola García salientou o carácter solidario dos galegos como unha filosofía de vida e un sinal de identidade e do que  fixo gala María Teresa Contreras quen

cedeu a Cáritas a finca na que se construíron o centro residencial e o de día da parroquia de Cesantes.

A titular de Política Social da Xunta, Fabiola García foi a encargada de descubrir a placa que lembra que foi a xenerosidade de María Teresa Contreras a que fixo posible a construción tanto do centro residencial como do de atención diúrna para persoas maiores que hoxe integran a rede pública autonómica.

A conselleira de Política Social agradeceu o labor que cada día realizan entidades como Cáritas ou a asociación María Mediadora, ás que Xunta segue a apoiar cada ano con máis recursos. Neste sentido, sinalou que a Consellería de Política Social vai incrementar “o seu orzamento para 2022 un 14% ata superar os 924 millóns de euros”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará