Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela reclama melloras no proxecto das pantallas acústicas: máis próximas á autoestrada e barreiras vexetais

pantallas 2

O proxecto de pantallas acústicas do Ministerio de Fomento para rebaixar o nivel de ruídos procedente da AP-9 foi recibido con satisfacción por parte da Asociación Veciñal, con todo entenden que é preciso introducir algunhas melloras. Modificar a súa ubicación nalgúns puntos, ocultar os muros con barreiras vexetais ou axudas para insonorizar aquelas vivendas que non se poden beneficiar das pantallas, son algunhas das peticións que presentarán antes de que acabe o prazo, o vindeiro día 19 de decembro.

As súas alegacións , en consonancia coas do propio Concello e doutros colectivos “para facer máis forza” reclaman que estas barreiras se instalen pegadas a autoestrada “non entendemos que nalgúns casos as pantallas estean máis preto das casas que da autoestrada xa que canto máis achegues a pantalla ao foco de emisión de ruído maior será a protección”, explica o presidente da Asociación de Veciños, Marcial Pérez.

Reclaman tamén que se minimice o impacto visual, instalando por fóra das pantallas algunha barreiras vexetal “que faga máis amigable a autoestrada” e que se diminúa o ruído nas xuntas de dilatación nas pontes “que afecta especialmente ao Instituto e que dificulta que se poidan desenvolver as clases con normalidade”.

Outra das peticións busca beneficiar aquelas vivendas próximas a autoestrada pero que por diferentes cuestións técnicas non van contar con pantallas “que se abra unha liña de axudas para que poidan insonorizarse”.

Ademais das alegacións conxuntas tamén poden presentar as sáus solicitudes veciños a nivel particular. Dende a Asociación confían en que rematado o prazo de presentación de alegacións o vindeiro día 19, en dous meses estea xa o documento construtivo definitivo e que no primeiro semestre do ano se fagan esas obras do mesmo xeito que as obras de mellora de viais incluídas na adenda da ampliación da autoestrada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará