Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Debate sobre Patriarcado, sexualidade e Redes sociais na Casa da Cultura

charla bng

O BNG de Redondela organiza esta actividade que terá lugar o luns 13 ás 20:00h na Casa da Cultura e que contará coa participación de Chis Oliveira e Priscila Retamozo, autoras do libro Comando Igualdade. A Mocidade facendo a revolución feminista nas aulas.

Un debate enmarcado no programa de actividade organizado polo BNG co gallo do 25N e no que se quere centrar o foco na reflexión sobre a sexualidade, o patriarcado e como inflúen as Redes Sociais e plataformas como OnlyFans nas mulleres e no tipo de masculinidades que practican os homes no seu día a día.

O debate, moderado pola concelleira Jessica García, contará coas intervención da catedrática de filosofía, Chis Oliveira, e a experta en Igualdade, Priscila Retamozo.

Dende o BNG chaman á participación neste debate aos veciños e veciñas para continuar asentando as bases para unha Redondela máis feminista.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará