Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela entra en risco moi alto de Covid con 214 casos activos

redondela

A epidemia agrávase en toda a bisbarra e tanto Redondela, con máis de 200 casos, como Soutomaior, con 41, sitúanse en risco moi alto de Covid cunha incidencia que supera os 500  casos por cada cen mil habitantes. Unha sexta ola da pandemia que afecta a toda a área sanitaria de Vigo e, en xeral, a toda Galicia, e que está a complicar a situación da cara ás vindeiras festas de Nadal.

A incidencia acumulada en Redondela e Soutomaior superan xa a barreira dos 500 casos, o que sitúa a ambos municipios en risco moi alto. E nada fai prever que a situación vaia mellorar a curto prazo xa que o número de casos de Covid-19 continúa medrando paulatinamente, pasando dos 95 casos cos que arrancabamos o mes aos 214 que a Consellería de Sanidade contabilizaba a día de onte.

Unha incidencia que se dispara en toda Galicia que chega  risco alto a dúas semanas de Nadal. Os casos activos seguen aumentando e xa están en 10.204 cifra que non se alcanzaba dende hai máis de tres meses, Con respecto aos contaxios diarios, tamén soben e superan os mil. Por áreas sanitarias a que rexistra máis casos é Vigo, seguida de Ourense.

Tamén a presións hospitalaria segue en ascenso con 37 persoas en UCI e 219 en planta. Con todo, a situación é mellor nos hospitais que nas vagas anteriores, antes da vacinación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará