Hoxe é Mércores 1 de Decembro de 2021
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG demanda ao Ministerio de Fomento que acometa a Vía Verde entre Arcade e Pontevedra

via verde

O BG redactou un manifesto para demandar ao Ministerio de Fomento a construción dunha senda peonil e ciclista nas antigas vías do tren que van de Arcade até Pontevedra. Defenden que unha Vía Verde que una Pontevedra e Soutomaior a través de Vilaboa traerá grandes beneficios aos concellos. Neste sentido, este venres organizan unha charla ás 20:00 horas no Multiúsos de Arcade para falar deses beneficios e de experiencias semellantes xa en funcionamento noutros puntos do país.

Os nacionalistas destacan que a vía verde suporá a creación dun novo vial chan e sen tráfico rodado “que permitirá unha comunicación eficaz e respectuosa co medio”. Para incidir nesa necesidade ante o Ministerio de Fomento, o BNG asinou un manifesto pedíndolle que pase das palabras aos feitos e busque solucións para a Vía Verde. Os portavoces municipais de Soutomaior e Vilaboa, Manu Lourenzo e Tereixa Carro; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Lores; e o deputado nacionalista no congreso, Néstor Rego, asinaron o documento.

Por outra banda, o BNG de Soutomaior organiza unha charla informativa para o 12 de novembro ás 20.00 horas no Multiusos de Arcade. Nela, o portavoz municipal, Manu Lourenzo; a deputada no Parlamento Alexandra Fernández; e o vicepresidente da Deputación de A Coruña, Xosé Regueira, explicarán os beneficios da Vía Verde entre Pontevedra e Soutomaior a través de Vilaboa, e falaran de exemplos doutras Vías Verdes do país e do seu impacto positivo para o turismo, a hostalería, o comercio e a veciñanza en xeral, como a que se sitúa en Ordes -promovida polo vicepresidente provincial. 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *