Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manoel Souto Lorenzo gaña o certame de fotografía do Obradoiro Fernando Monroy

premio1

Manoel Souto Lorenzo, coa instantánea ‘Libre’, obtivo o galardón á mellor fotografía correspondente ó ano 2021 e recollerá o diploma o vindeiro sábado día 13 ás 18:00 na gala de entrega que se celebrará no Círculo Cultural e Deportivo de Cesantes. O acto tamén servirá para realizar unha homenaxe ó directivo Manuel Cadilla Mauri, falecido este ano

O xurado, reunido o pasado sábado, optou por fallar en favor de Manoel Souto grazas a unha fotografía de natureza en branco e negro no que se recolle unha vaca no monte. Non obstante, o certame está caracterizado por ter unha ampla listaxe de galardóns cun montante total de 650 euros. O palmarés de adultos complétase con Susana Ricón Soliño con Texturas (1º premio), Jesús Carrera Álvarez con Cuando llueve y hace sol (2º premio) e Tirso Fermoselle Martín con Posando para mí (3º premio).

No referente á categoría xuvenil, gañou o certame Aroa González Mosquera con Detalliños, mentres que na segunda praza rematou María Auria Nieto coa fotografía Outeiro das Penas. Os distinguidos, e tamén todos os participantes, está convidados a participar na gala de entrega de premios do vindeiro sábado, que servirá para inaugurar a exposición do certame, que recolle todas as fotos presentadas e que, tras ser exposta en Cesantes, pasará polos diversos centros sociais redondeláns ó longo dos vindeiros meses.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará