Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xabier Pérez Davila: “O capitalismo non pode afrontar o enorme desafío que supón a crise climática”

xabier perez

Socialismo en Europa no 2020 é o título do último libro do economista Xabier Pérez Davila, quen estará no Multiúsos de Redondela este venres ás 20:30 horas nun acto organizado pola Asociación Cultural Alén Nós. Unha conversa na que se falará de economía, historia e política e de como afrontar os retos presentes e futuros nunha sociedade que presenta enormes desigualdades froito do sistema capitalista imperante.

Así o entende Xabier Pérez Davila quen analiza no seu último libro datos obxectivos como o incremento da desigualdade nos Estados nas últimas catro décadas, a diminución dos salarios no PIB e o incremento na precariedade do traballo, incluso coa aparición dos traballadores empobrecidos que serían 1 de cada dez… síntomas que son “a manifestación dun sistema que xa non responde ás necesidades da sociedade actual”.

Propón, como solución, a necesidade de substituír o sistema capitalista por un sistema baseado na propiedade colectiva dos principais medios de produción, porque ao seu entender “parece imposible que o capitalismo poida afrontar as enormes transformacións que van ser necesarias para superar a crise ecolóxica e climática”.

Asegura Pérez Davila que xa hai indicios de cambio e pon como exemplo os xiros ideolóxicos de defensores do sistema como o presidente dos EEUU, Joe Biden que xa apuntan á necesidade de afrontar cambios encamiñados a mellorar a situacións dos traballadores e eliminar as enormes desigualdades sociais existentes neses pais e, en xeral, en todo o mundo capitalista.

Conclúe Davila insistindo na necesidade de reducir o consumismo desaforado que supón datas como o Black Friday ou mesmo o coñecido xa como Día dos solteiros que se celebra este 11-11, “datas de promoción dun consumo desmedido que o planeta xa non se pode permitir”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará