Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os escolares de Pazos de Borbén plantan medio cento de castiñeiros no monte

plantación pazos

Alumnos de primaria do CPI Curros Enríquez participaron este xoves nunha plantación de árbores autóctonas nos montes comunais da parroquia de Pazos. A iniciativa, organizada pola Asociación de Pais e Nais e a Comunidade de Montes, contou coa colaboración da Consellería de Medio Rural e do corpo de bombeiros forestais.

A xornada comezou cunha pequena charla por parte dos axentes forestais na que explicaban a necesidade de protexer as especies autóctonas como medio de protección contra a propagación de incendios. En total foron 50 exemplares de castiñeiros autóctonos os que se plantaron na contorna do antigo campo de fútbol de Pazos. Cada un deles conta con dúas etiquetas cos nomes dos nenos e nenas que os plantaron. Por último, os bombeiros forestais acompañaron aos pequenos durante as tarefas de rega das novas árbores

Unha vez finalizada a plantación, todos os alumnos gozaron dunha merenda de cortesía por parte da comunidade de montes para, a continuación, participar nunha actividade de fomento da reciclaxe e concienciación sobre o uso de plásticos de man de Antón KE.

O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Igrexas, acompañou aos escolares durante a plantación e destacou os beneficios destas iniciativas para sensibilizar ao alumnado co coidado e o respecto pola natureza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará