Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reparto de composteiros e charlas de sensibilización sobre a compostaxe individual

composteiros

A Concellería de Medio Ambiente promove a adhesión das familias ao proxecto de compostaxe e á solicitude de composteiros individuais para os domicilios que dispoñen de horta ou espazos axeitados. As charlas darán información sobre a instalación e posta en marcha dos composteiros individuais, os aportes de materia orgánica, o emprego do estruturante e aireación, e calqueira dúbida respecto a este tema que poida xurdir.

O proxecto de sensibilización da compostaxe municipal ten por obxectivos concienciar á comunidade da problemática dos residuos, informar sobre a importancia da compostaxe como alternativa necesaria, ao ser máis económica e ecolóxica que os tratamentos actuais, acadar un cambio de actitudes e responsabilidade na separación dos residuos orgánicos domésticos así como un compromiso persoal ante a redución dos mesmos e co uso dos composteiros comunitarios e individuais.

As xornadas desenvolveranse en horario de mañá de 9:30 a 14:00 horas o luns 27 no Centro de Saúde de Chapela, o martes 28 na Alameda Rosalía de Castro de Chapela e o xoves 30 no Mercado de abastos de Redondela.

En horario de tarde terán lugar os días 29 no centro cultural de Cabeiro e o xoves 30 no centro cultural da Miñoteira ás 20:00 horas. Rematarán o venres 1 de outubro no centro cultural de Saramagoso no Viso.

As persoas interesadas en asistir e facerse cun composteiro deben inscribirse previamente no enderezo medioambiente@redondela.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará