Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Obradoiro Fernando Monroy repartirá 650 euros en premios no seu certame de fotografía

obradoirio

O prazo de presentación de imaxe rematará o 3 de novembro. Os participantes deberán presentar unha copia dixital e outra impresa das obras

Mantéñense os principios básicos desta actividade con varias modalidades. Haberá unha instantánea gañadora que levará 200 euros. Despois hai dúas categorías: a de adultos con tres premios (150, 100 e 75 euros) e a de xuvenís con dous (75 e 50 euros). Recordamos que están considerados xuvenís os menores de 16 anos.

A temática é libre pero é preciso indicar onde se realizou cada unha das fotos. Deberán ser presentadas en formato impreso como se recolle nas bases e tamén enviadas en formato dixital ó correo do colectivo (obradoiro@estudoslocais.org). O lugar físico para presentar a obra é o Círculo Cultural de Cesantes. Pode levarse en persoa ou enviarse por correo ordinario.

O prazo límite é o vindeiro mércores 3 de novembro e o longo dese mes o xurado dará a coñecer ós gañadores do certame. É preciso recordar que, ademais de optar ós premios, as fotografías presentadas serán despois expostas en diversos centros culturais de Redondela. A colección correspondente ó concurso de 2020 xa pasou polo Círculo Cultural de Cesantes, o Multiusos de Redondela, o de Chapela, o Centro Cultural de Cedera e a Sociedade Labrego Cultural de Reboreda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará