Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro en Soutomaior con “Feminissimas”

feminissimas

Este sábado 25 de setembro ás 21:30 horas chega ao Multiúsos de Arcade a terceira produción da compañía galega De Ste Xeito “Feminissimas”, na que a compañía proponse a comprometida tarefa de traerlle ás persoas espectadoras un verdadeiro pulso entre a ideoloxía e a amizade.

Unha peza teatral de Esther F. Carrodeguguas, que é tamén xunto a Stephy Llaryora e Noelia Blanco, as protagonistas desta comedia na que o feminismo, a amizade e  o humor forman un trío moi especial. Un espazo para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía. A obra está recomendada para maiores de 12 anos.

Esta nova proposta do Concello de Soutomaior inclúese dentro da programación municipal de verán no marco do programa Cultura no Camiño, Xacobeo 2021-22 e pretende visibilizar diferentes sensibilidades e posicionamentos ante o tema do feminismo, educar en igualdade e no respecto a través do teatro, fomentar a participación da mocidade nas actividades de dinamización cultural do municipio e proporcionar espazos culturais e de lecer variados e con temáticas de interese dirixidas a todos os públicos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará