Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A sobreira de A Peneda xa é de pleno dereito unha Árbore Senlleira

sobreria

A árbore, con máis de 400 anos de antigüidade, pasa a formar parte do Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galicia logo de que así o solicitaran os comuneiros do Viso. Malia que nun primeiro momento a solicitude fora rexeitada por parte da Consellería de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, a presentación de novos documentos por parte da entidade solicitante permitiu finalmente acceder a este recoñecemento que implica certas medidas de protección para este imponente exemplar.

A resolución da Consellería establece que a sobreira da Peneda pasa a formar parte do catálogo galego de árbores senlleiras, un rexistro público no que se inclúen todas aquelas árbore e formación, de calquera especie, que sexan merecentes de medidas específicas de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, significación histórica ou cultural, interese científico, paisaxístico ou calquera outras circunstancia que as fagan merecente dunha especial protección.

Unha resolución que chega practicamente un ano despois de que a Comunidade de Montes do Viso trasladara á Xunta a súa solicitude para incluír esta árbore de enormes dimensión nun catálogo no que xa se atopan outras árbores da contorna como a Sequoia vermella do Castelo de Soutomaior ou o paseo dos buxos de San Simón.

A sobreira da Peneda, con catro séculos as súas costas e uns 15 metros de altura, é un atractivo máis nun mirador con vistas espectaculares onde atopamos tamén a ermida coñecida como A Virxe das Neves da Peneda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará