Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrancan os traballos de limpeza das beiras dos treitos urbanos dos ríos de Redondela

ríos

As labores que se desenvolven no Pexegueiro, Alvedosa e Maceiras, continuarán a partir do luns no Fondón e Maceiras na parroquia de Chapela. Dende o Concello salientan a importancia desta actuación de cara a diminuir o risco de riadas e inundacións.

O Concelleiro de medio Ambiente, Alberto Álvarez salientou que os traballos, dado que se realizan a través dunha empresa especializada nestas labores, “efectúan a limpeza cun estrito cumprimento de todas as normas de coidado medioambiental tanto da flora como da fauna”.

Pola súa banda, a alcaldesa Digna Rivas, lembrou que o feito que se traballe nos treitos urbanos “responde a que o Concello carece de competencia fora desas marxes xa que pasa a ser competencia única e exclusiva de Augas de Galicia”.

En todo caso, a rexedora redondelá lembrou que, tal e como está demostrado, “a limpeza das beiras e canles diminúe o risco de riadas e inundacións”. “O certo é que en inverno estanse a producir episodios de choivas cada vez máis torrenciais e é complicado impedir as riadas, pero unha axeitada limpeza dos ríos reduce moito os danos causados polas mesmas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Particularmente eu faría un dragado do río Pesegueiro desde a Ponte de Esteiro ata a súa desembocadura. Con respecto ao Alvedosa dragaría a zona da curva da Portela frente á rambla próxima á depuradora e no entorno da Casa da Torre e Xulgados. Do mesmo éxito, ao río Maceiras non lle iría mal tamén un suave dragado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará