Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Cesteiros de Mondariz” chega ao Multiúsos

cesteiros

O documental “Cesteiros de Mondariz” chega este venres a Redondela na súa xira de presentación, que  servirá para dar a coñecer a tradición cesteira de Mondariz e promover o intercambio cultural sobre os oficios artesáns dende a memoria pero cunha decidida visión de futuro. No seu equipo artístico destacan figuras emerxentes do panorama cinematográfico galego, como o director Fon Cortizo e o guionista Alexandre Cancelo. A proxección terá lugar este venres ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira.

“Cesteiros de Mondariz” é un documental que busca recuperar a memoria da cestaría tradicional de Mondariz e presentar un oficio en vías de extinción con visión de futuro. Está financiado polo Concello de Mondariz, a través do programa O Teu Xacobeo 21-22 da Xunta e producido tecnicamente pola compañía EscénaTe.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará