Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arealonga recupera a normalidade tras días pechada ao baño por un episodio de contaminación

Praia de Arealonga

Sanidade comunicou ao Concello o fin do episodio de contaminación microbiolóxica nas augas de baño do concello. Dende o pasado xoves neste areal de Chapela ondeaba a bandeira vermella logo de detectarse a contaminación da auga ao presentar valores altos de enterococos intestinais e Escherichia coli. A administración sanitaria sinala agora que ditos valores están dentro da normalidade e “non supoñen risco para a saúde dos bañistas”.

A Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade remitiu un informe ao concello de Redondela no que se da conta da “finalización do episodio de contaminación microbiolóxica nas augas de baño do seu concello”.

Segundo os datos remitidos por Sanidade ao Concello, afirma o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, as últimas análises dan conta que os niveis son aceptables xa que son inferiores a 800 NMP/100 ml de Escherichia coli e 500 NMP/100 ml de enterococos intestinais, “polo que non supoñen un risco para a saúde dos bañistas”.

Asi mesmo, engade o concelleiro de Medio Ambiente, “e segundo a lexislación vixente no relativo á xestión da calidade das augas de baño, Sanidade autoriza ao concello á retirada dos carteis de prohibición de baño un recomendación de absterse deste”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará