Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Mulleres da Illa protagonizan as axendas escolares

axendas redondela

O Concello iniciou o reparto das axendas escolares para o curso 2021/2022 non colexios de infantil e primaria de Redondela. Unha ferramenta de comunicación útil entre alumnado, familias e profesorado que segundo a alcaldesa Digna Rivas “é importante que sirva para poñer en valor episodios da historia do municipio para que os máis novos a coñezan e poidan transmitila a vindeiras xeracións” motivo polo que se optou por facer referencia nelas ás Mulleres de San Simón.

Dado que este ano 2021 é para o concello de Redondela ‘O ano das Mulleres da Illa de San Simón’ a axenda escolar inclúe nas súas primeiras páxinas as fotos de todas e cada unha das ‘madriñas’, as mulleres que foron quen de achegar esperanza e dignidade aos presos políticos que esperaban, na illa de San Simón, un futuro incerto.

Amais das fotografías destas “auténticas heroínas”, como as describiu a rexedora redondelá, a Axenda Escolar 2021/2022 inclúe unha breve historia destas mulleres “para que a nosa infancia e mocidade, nunca esqueza a que, con grave risco das súas vidas, teceron unha auténtica rede solidaria de axuda aos presos políticos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará