Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Investigan a autoría do acto vandálico contra un lavadoiro acabado de rehabilitar en Chapela

lavadoiro en Laredo de Arriba

O acto de vandalismo era descuberto na xornada de onte cando os integrantes do obradoiro de Emprego Redondela Máis que Bela, se desprazaban a este lavadoiro situado en Laredo de Arriba para dar os últimos retoques a unha obra na que levaban traballando semanas.  Atopáronse co lavadoiro cuberto de pintadas de alguén que parece identificarse como “Vorax”. A policía investiga xa a autoría deste acto. Non desbotan que se trate da mesma persoa que xa realizou numerosos grafittis noutras zonas da parroquia.

A obra de restauración supuxo mellorar un lavadoiro que se atopa na zona de laredo ao carón da futura Vía Verde. Unha actuación demandada pola veciñanza que recuperaba a zona de paso entre Laredo de Arriba e Abaixo e que serviu para poñer en valor este elemento do patrimonio que se atopaba agochado entre a maleza e o lixo e que era utilizado habitualmente para facer botellón, e incluso lume no seu interior. Ademais de limpar a contorna, procedeuse a actuar directamente sobre a estrutura rehabilitando o acceso de pedra e recuperando o lavadeiro que pola acción dos anos e a falta de mantemento presentaba moitas filtracións.

Xosé María Lomba, monitor obradoiro de cantería

Xa na fase final dos traballos, so faltaba enchelo de auga e inaugurar a actuación. Con todo, agora será necesario volver a limpar a pedra e os muros e pintar as columnas unha vez que algún vándalo pintou deixando algo parecido a unha sinatura “vorax” e outras iniciais e imaxes repetitivas.

Acto vandálico

Pídese a colaboración cidadá por se algún pode achegar algunha pista do autor ou autores deste acto vandálico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará