Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Iván Valles “A conta pendente do Casa Paco é o fútbol feminino”

casapaco nenos

O grupo Casa Paco 81 celebra neste 2021 os seus 40 anos como referente na canteira deportiva de Redondela. Un club que fomenta o deporte entre os máis cativos contando con rapazada que vai dende os 4 aos 7 anos de idade. Pequenos que teñen o seu primeiro contacto co balón grazas a un soño de Manolo Conde, coñecido por todos como Manolo Casa Paco. Un soño que logo de catro décadas de actividade sigue contando con moi boa saúde.

Iván Valles, coordinador do Club, recoñece que non é doado manter a actividade ao 100% porque demanda “moita entrega e traballo” con todo “os que nos embarcamos nesta aventura dámolo todo por defender un ADN que promove a convivencia, a amizade e o deporte de todos os que conformamos o Club”.

A conta pendente do Casa Paco é poñer en marcha un equipo exclusivamente feminino. A día de hoxe son tan só catro as nenas que se animan a achegarse ao fútbol, polo que é imposible polo de agora facer un equipo formado integrametne por rapazas.

Para superar esta eiva, un dos proxectos pasaba por involucrar referentes do fútbol feminino como Pauleta ou integrar adestradoras nas que as nenas se vexan reflectidas para que as cativas se animen a practicar esta disciplina. Iván Valles entende que tamén aquí é preciso un traballo por parte de nais e pais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Grazas pola conversa, grazas por promocionar o fútbol/futsal feminino, grazas por promocionar ó noso Clube Grupo Casa Paco 81 e por promocionar ó Deporte, Convivencia e Amizade.
    Iván V.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará