Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca a programación de outono na Biblioteca de Chapela co contacontos “Levántate Xan!”

contacontos

O programa de actividades organizadas pola Biblioteca de Chapela comeza este mesmo xoves día 16 coa actuación de Caxoto, quen leva ao Multiúsos do Piñeiral o contaconto “Levántate Xan!”. Unha actividade orientada a cativos e cativas de 18 meses a 4 anos de idade e que terá lugar ás 18:00 horas.

A seguinte proposta será co obradoiro de ciencia divertida “20.000 leguas de lectura divertida”. Orientado a nenos e nenas de 6 a 12 anos esta proposta desenvolverase o xoves 30 de setembro ás 18:30 horas.

Raquel Queizás será a encargada do espectáculo audiovisual “Cinema marabillas” ao que se poderá asistir o xoves 14 de outubro, ás 18:30 h. tamén no auditorio do Multiúsos de Chapela orientado a rapazada a partir de 5 anos.

O prazo de inscrición para calquera destas actividades está xa aberto e pódese realizar na propia biblioteca, no teléfono 986 45 42 26 ou no enderezo bibliotecachapela@redondela.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará