Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CSIF reclama que se renoven os vehículos de vías e obras

vehículo

A central sindical CSIF solicita ao goberno local que proceda a renovar parte da flota dos vehículos (sobre todo no departamento de vías e obras), así como os medios materiais que estaban e están na actualidade moi obsoletos, provocando coa súa manipulación e utilización situacións de perigo para a seguridade do persoal. Acusan a alcaldía de que, malia tratarse dunha petición que ven dende o inicio do mandato e existindo unha partida económica para esta renovación “a mesma foi destinada a compra de bancos e papeleiras”.

Critican tamén dende o sindicato que a maioría das contratacións que se fan no Concello non contan cunha formación previa que dea os coñecementos básicos para o desenvolvemento das tarefas por parte do persoal coa máxima seguridade posible “a día de hoxe descoñecemos o importe da partida destinada a formación ou a súa propia existencia, xa que non se nos facilita a información solicitada”. 

Como consecuencia do exposto as compañías aseguradoras recoñecen ao Concello de Redondela como entidade de alta siniestralidade “que repercute na perda de dereitos das/os traballadoas/es nas coberturas dos seguros de vida e accidentes”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará