Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Paxaretas convoca unha concentración en repulsa polo asasinato dunha muller en O Barco

paxaretas

A Asamblea Feminista Paxaretas convoca ás 20:30 horas de hoxe luns na praza da Constitución unha concentración para condenar o asasinato de Leticia Magali Sanabria Romero, asfixiada na súa vivenda do Barco de Valdeorras o pasado venres.

Os axentes da Garda Civil que levan o caso desta muller de 29 anos e nacionalidade paraguaia atopada morta no seu domicilio de O Barco con sinais de violencia teñen claro que se trata dun homicidio. A autopsia confirmou que a vítima faleceu por asfixia.

Desde a Subdelegación do Goberno en Ourense indicaron que nestes momentos a investigación está a centrarse na contorna da falecida. A porta da casa non estaba forzada. O subdelegado tamén explicou que no rexistro do Sistema VioGén, creado polo Ministerio de Interior para os casos de violencia de xénero, “non aparece ningún antecedente nin denuncia de acoso”.

Apuntan dende Paxaretas a necesidade de “non normalizar que se nos asasine cada día polo feito de ser mulleres”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará