Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de inscrición para as escolas deportivas do Concello de Soutomaior

escolas

A proposta inclúe varias disciplinas adaptadas a diferentes idades como o pádel, tenis, baile moderno e de salón, patinaxe, ximnasia rítmica e acrobática, iniciación ao deporte, natación, baloncesto e actividade física para adultos. Todas as actividades son impartidas por monitores titulados.

Os grupos de cada actividade terán un límite máximo de participantes, con preferencia para os empadroados no Concello de Soutomaior, en función dos protocolos ditados pola Xunta de Galicia en relación ao deporte non federado galego. Para participar en todas as actividades é preciso o uso de máscara e o cumprimento dos protocolos anticovid vixentes.

O inicio está previsto para o luns 4 de outubro. Os interesados en recibir máis información ou realizar a súa inscrición poderano solicitar a partir do próximo luns até o luns 24 de setembro no Pavillón Municipal da Montesiña, en horario de tarde de luns a venres.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará