Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños retoman as mobilizacións contra Aucosa

cadeaAucosa

A Plataforma en defensa da enseada de San Simón, que aglutina a diferentes colectivos sociais e veciñais do concello, convoca este venres ás 19:00 horas no Meirande unha asemblea para organizar a protesta que terá lugar o vindeiro día 10. Os veciños insisten na necesidade da mobilización para loitar contra “os cheiros e a contaminación” que produce a planta conserveira.

Os veciños volverán protestar na rúa para reclamar ás autoridades tanto autonómica como municipal que procedan a retirar do litoral unha actividade que insisten “provoca cheiros e vertidos”.

Presentaron un novo contencioso contra a Autorización outorgada dende a administración local “o Concello dálle a licenza urbanística alegando que ten que ser así porque a empresa ten a autorización ambiental integrada. Pola súa banda a Xunta argumenta que lle da a Autorización ambiental integra porque conta coa licenza urbanística do Concello, isto é unha cachondeo” explica Marcial Pérez, presidente da Asociación de Veciños de Chapela, quen engade que “o único que se pode facer ademais de seguir nos Tribunais é mobilizarse”.

Lembran ademais que ao longo do verán producíronse na ría varias verteduras de grandes dimensións que causaron alarma entre a veciñanza, mariñeiros e bañistas, xa que a mancha de cor alaranxado chegou ata a praia de Arealonga. As análises realizadas pola concellería de Medio Ambiente apuntan a Aucosa como orixe destas verteduras. Unha situación que non prexudica só aos veciños da contorna, que sofren de primeira man estes efectos, senón tamén a sociedade en xeral e o ecosistema mariño, xa que as verteduras contaminan a ría.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará