Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe a Fran Teixeira na Copa e Supercopa Galicia

fran

O balonmán galego homenaxeará ao técnico vigués e adestrador do BM Chapela, falecido esta mesma semana despois dunha longa enfermidade. Será no Pavillón do Gatañal onde se celebra esta fin de semana as fases finais da Copa Galicia e Supercopa Galicia. Antes do inicio de todos os partidos gardarase un minuto de silencio e todos os participantes levarán un brazalete negro, en sinal de respecto ao adestrador galego.

O venres pola tarde celebraranse as semifinais da Copa Galicia masculina. O partido Forbe Reconquista de Vigo -Magope Seis do Nadal Coia comezará as 19:00 horas e a continuación  disputarase  o Granitos Ibéricos Carballal-Automanía Luceros.

O sábado pola mañá será o momento da Copa Galicia feminina, cos encontró entre Rubensa Bm. Porriño-CDeC Lavadores e as 13:00 horas o partido entre o Bm. Samertolameu-SAR Rodavigo

mentres que pola tarde disputaranse as semifinais da Supercopa masculina

O domingo terán lugar todas as finais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará