Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os títeres toman as rúas

los extintos

A imposibilidade de conseguir entradas para algún dos espectáculos previstos para a fin de semana en Redondela enmarcados no Festival Internacional de Títeres (Memorial Juanjo Amoedo), non impedirá que poidamos gozar dunha intensa programación de rúa aberta a todo o público.

Tanto o sábado como o domingo ademais das actuacións no Multiúsos da Xunqueira ou nas carpas instaladas en diferentes prazas do casco urbano, os títeres percorrerán as rúas con propostas do máis variado. Baixo a premisa de “que corra o aire”, é dicir, que se eviten as aglomeracións, a organización convida a achegarse a este itinerantes cos franceses Les grandes Pesonnes, os galegos de Educateatro ou Los Extintos de Opakar, tres personaxes de gran tamaño, onde imos topar duas aves coa plumaxe feita de follas de árbore e un explorador parecido a un oso que interactuarán con grandes e cativos.

Fernando Benítez, Opakar

O domingo quéreselle render unha homenaxe a Ave Fenix e ao rexurdir tan necesario, polo que todos os espectáculos terán como temática os paxaros e convídase a veciñanza a acudir disfrazados a esas propostas que arrancarán xa das doce do mediodía.

E tamén na fin de semana poderemos achegarnos nos soportais do concello á instalación Retablos Mecánicos de Peus de Porc: escenas de monicreques que poden ser manipuladas polo público mediante pancas e botóns. Cada retablo representa unha rutina diferentes inspirada no teatro de monicreques tradicional.

Xesco Quadras, Peus de Porc

Neste caso a actividades non precisa de entrada e estará a disposición do público o sábado e domingo de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará