Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco reforza a súa dianteira coa incorporación do xogador madrileño Juanma Torres

choco juanma torres

Procedente do FC Santa Coloma, xa ten militado noutros equipos galegos como o Celta B, o Somozas ou o Rápido de Bouzas. O dianteiro, que ven de xogar a fase previa da Europa Conference League, amosábase moi ilusionado por volver disfrutar da Terceira galega no CD Choco e márcase como obxectivo persoal “destacar como goleador e gozar do xogo nun equipo con moita personalidade e un estilo moi claro”.

Ilusionado ao tempo que sorprendido amosábase o novo xogador choqueiro pola chamada de Juan Amoedo para formar parte do equipo. Pouco tempo lle fixo falta ao dianteiro para decantarse polo club redondelán xa que malia que tivo outras ofertas asegura atoparse nunha etapa da vida “na que valoro máis outras cousas que os cartos, como a vida familiar”.

Con experiencia en Terceira e Segunda B, Juanma terá que adaptarse en tempo record a un Choco que xa leva adestrando 3 semanas e a falta de poucos días para o comezo da competición ligueira. Aspecto que non supón ningún hándicap para o dianteiro pois recoñece que estivo adestrando até agora noutro equipo, polo que o seu estado de forma é bo “si que é verdade que os meus novos compañeiros lévanme tres semanas de adianto, por dicilo dalgunha maneira, xa non tanto no plano físico senón no plano de equipo e de estilo de xogo, pero a predisposición pola miña parte é entrar rápido no grupo e non creo que me leve moito tempo esa adaptación”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará