Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Cruz Vermella regresa ás parroquias

Cruz Vermella actividades

Arranca un novo curso e na Cruz Vermella de Redondela traballan por recuperar actividades que se deixaron de facer ou se reformularon a raíz da pandemia. Un dos seus obxectivos é volver as parroquias. Con es meta xa arrancou o proxecto “Procurando saúde”. Unha actividade que se está a realizar en Cabeiro e que o 9 de setembro arrancará en Reboreda. Tamén está previsto implementala en Chapela. A responsable da delegación de Redondela, Diana Freire, explica tamén que traballan en volver a presencialidade en todas as actividades “sempre garantindo a seguridade para os participantes”.

Diana Freire, responsable de Cruz Vermella Redondela

Logo de ano e medio con moitas propostas telemáticas e atención telefónica personalizada “para non deixar a ninguén de lado”, un dos empeños para este curso é recuperar os cursos de memoria, as clases para a rapazadas e o resto das propostas de xeito presencial ou semipresencial.

As actividades presenciais son fundamentais para socializar

Tamén coa idea de retomar a presenza nas parroquias xa arrancaron co proxecto Procurando Saúde, , talleres grupais dun máximo de dez persoas e para todas as idades nos que se traballa a saúde dende un ámbito global: o humor como terapia, actividades de autoestima, de empoderamentos, “a saúde non só como ausencia de enfermidade senón no seu aspecto social e psicolóxico”. Complétase a actividades con atención personalizada para abordar temas máis concretos de cada unha das persoas participantes.

Programa Procurando saúde

En Cabeiro impártese nas tardes de martes e xoves e en Reboreda, onde arrancará en breve, está aberto o prazo de inscrición que pode facerse directamente na oficina da Cruz Vermella nos baixos da Casa da Cultura, no teléfono 986 325 600 ou na cantina da Cultural de Reboreda.´

A actividade é de balde e o obxectivo é ir percorrendo o territorio para poder achegarse ao maior número de veciños e veciñas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará