Hoxe é Mércores 17 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ciclo de concertos en Chapela con La Buena Vida, Cambio de Pola e Kreisi Nait

LaBuenaVidaChapela

O dúo vigués La Buena Vida abre hoxe o ciclo de concertos na Alameda Rosalía de Castro

A Alameda Rosalía de Castro acollerá esta fin de semana tres concertos. A cita comeza hoxe venres coa actuación do grupo vigués La Buena Vida, que versiona grandes temas de diferentes estilos musicais, desde ACDC ata os Beatles, pasando por Metallica, Mecano, Alaska ou Queen. Será ás 21.30 horas. A programación continúa mañá sábado á mesma hora co concerto de Cambio de Pola, e rematará o domingo, ás 21.00 horas, con Kreisi Nait. Un grupo que promete facer unha “deconstrución” da música pop rock dos anos 80 e 90.

Este certame conta coa colaboración do Concello de Redondela, o Círculo Cultural Recreativo de Chapela e os establecementos Churrería Montes, Kima Bai e cafetería Fiands.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará