Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta pide o aval do TSXG para esixir o certificado Covid na hostalaría 21 días despois

Covid certificado

A Xunta de Galicia solicitou este venres a autorización do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para poder esixir o certificado Covid para poder entrar nos locais de hostalaría. A medida, que entrou en vigor hai tres semanas, afecta a municipios en nivel alto, como o de Redondela, e nivel máximo. O TSXG declarou onte que obrigatoriedade de solicitar o certificado de vacinación ou de proba negativa para consumir no interior dos locais”carece de vigor” ao non pedir o Goberno galego a autorización preceptiva. O presidente Feijóo xustificouse alegando que a Xunta “vía avalada a medida pola lexislación galega sen necesidade de recorrer previamente á Xustiza”. Á espera da resolución por parte do Alto Tribunal galego respecto diso, tamén está pendente a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da orde sobre os novos niveis de restricións nos municipios galegos, anunciados o pasado martes tras a reunión do comité clínico.

Os cambios, que están previstos que entren en vigor esta medianoite, deixan Redondela unha semana máis no nivel alto, ao igual que Soutomaior e Vigo. O aforo na hostalaría é do 50% tanto nas terrazas como no interior. Pazos de Borbén está no nivel medio e Fornelos de Montes no máis baixo. A partir de mañá tan só o municipio do Grove quedará en nivel máximo.

En Redondela os novos casos diagnosticados nos últimos 14 días son 215, cunha incidencia acumulada de 736 casos por cada 100.000 habitantes. Para os veciños que desexen obter o certificado de vacinación, o Sergas habilitou este servizo no Multiusos da Xunqueira. En horario de 8:30 a 15:00 horas pode solicitarse o certificado de vacinación e a Chave 365, que permite facer xestións coa administración galega a través de internet.

O Sergas realiza cribados nos campamentos de verán de Redondela

A Consellería de Sanidade está a realizar cribados masivos entre a poboación de Redondela para detectar posibles casos de asintomáticos. As probas realizáronse probas entre os membros de clubs deportivos e tamén con convocatorias á poboación de entre 18 e 30 anos, entre os que se detectaron 11 casos positivos. Como noutros municipios galegos, o Sergas tamén realiza cribados entre os participantes dos campamentos de verán tanto en Redondela como nas diferentes parroquias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará