Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A familia de Manuela Barbosa pide que o caso “non se esqueza” logo dun mes desaparecida

ManuelaBarbosa

Hai un mes, o pasado 13 de xullo, desaparecía en Arcade Manuela Barbosa, de 66 anos e con problemas de saúde. A familia volve facer un chamamento a quen puidese recoñecela ou dar algunha pista e pide que o caso “non quede no esquecemento”. A súa filla, Raquel Álvarez Barbosa, pide tanto á cidadanía como as forzas e corpos de seguridade que sigan buscando.

Raquel Álvarez Barbolla, filla da desaparecida

A familia recoñece que o tempo “xoga na contra” logo de que os traballos de busca segan sen arroxar pistas sobre o posible paradeiro de Manuela. Agradecen a colaboración dos veciños que desde o primeiro día colaboraron nas diferentes batidas que se organizaron. Agora os operativos de busca continúa por parte de Protección Civil e Garda Civil, que rastrexan casas abandonadas e fincas.

A familia agradece a colaboración dos veciños que participaron nas batidas

Raquel Álvarez lamenta que a autorización do xulgado para rastrexar o móbil de Manuela tardase unha semana desde a súa desaparición. Sinala que de facerse máis rápido “a miña nai podería estar con nós”. Entende a familia que “as leis hai que cumprilas” pero argumentan que en casos de persoas con enfermidades mentais “debería actuarse doutro xeito”.

Álvarez Barbosa lamenta que o permiso para rastrexar o móbil de Manuela se demorase unha semana

Os investigadores non descargan que Manuela puidese saír da provincia a outros puntos de Galicia ou Portugal. Non descartan que collera algún medio de transporte xa que, malia que ía sen documentación, levaba cartos. Natural de Soutomaior e con residencia en Redondela, visitaba Arcade e Soutomaior con asiduidade por motivos familiares. Foi no centro de Arcade onde a viron por última vez. No momento da desaparición levaba un vestido amarelo escuro con estampado de flores, bolso marrón e unha máscara negra. Quen poida recoñecela que dea aviso ao 112 ou á Policía Nacional.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará