Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O ciclo Susurrande achega ao Meirande música feita por mulleres

susurrande

Sofía Espiñeira, Su Garrido e Zeltia e Irevire compoñen o cartel deste festival acústico ao carón do mar que contará tamén coa participación da poeta redondelá Carolina Sertal.

A programación cultural de verán de Redondela achega mañá ao Museo Meirande o ciclo Susurrande, un encontro coa música acústica feita por mulleres. Trátase dun festival que, segundo explica o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, “é moi especial porque celébrase durante dous días na explanada de Meirande, ao carón do mar, e só con voces femininas”.

Susurrande arranca mañá, 13 de agosto, ás 21.30 horas coa actuación de Sofía Espiñeira. A cantautora mugardesa tocará cancións que contan historias de momentos vividos por ela mesma e de sentimentos. O sábado, 14 de agosto, tocaralle a quenda a Su Garrido, ás 21.00 horas. A cantante viguesa participará en Susurrande co seu estilo musical a cabalo entre a bossa, folk, jazz ou latin. Pechará o ciclo a actuación de Zeltia e Irevire, o sábado tamén, ás 22.30 horas, cun acústico no que o protagonista será o folk tribal nunha mistura de estilos marcados pola súa plasticidade e orixinalidade. Tanto o venres como o sábado, a poeta redondelá Carolina Sertal recitará poemas da súa última obra Anguria en diferentes intres do festival. Ademais, Susurrande nace co obxectivo de que o Museo Meirande se converta nun novo escenario na oferta cultural redondelá e, durante o ciclo, as instalacións estarán abertas en horario ininterrompido ata as 22.00 horas.

Os concertos son de balde, con aforo limitado. As entradas poden recollerse no museo Meirande e na oficina de Turismo de Redondela en horario de 10.30-14.00 e de 15.30 a 19.00 horas. O público asistente aso concertos terá que estar sentado e cumprir as normas sanitarias.

O festival Susurrande conta coa colaboración da Asociación Deportiva e Cultural de Rande.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará