Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta recorta o 25% do persoal docente permanente da EEI de Cesantes

EICesantes

A ANPA da escola unitaria de San Pedro de Cesantes denuncia o recorte de persoal docente do centro, que mantén o mesmo número de alumnos que o curso pasado: 20 nenos e nenas de 3 a 5 anos. A Asociación de nais e pais reclama que se manteña o mesmo reforzo que o ano pasado.

Logo de publicarse a adxudicación definitiva dos destinos do corpo de mestres e mestras para o próximo curso, constátase que a Escola Infantil de San Pedro de Cesantes reduce media xornada do persoal docente permanente no centro. A praza a tempo completo do curso pasado está agora compartida coa EEI de Ventosela. Paulo Jablonski, presidente da ANPA, explica que esta redución supón “un 25% menos de horas de persoal docente no centro”. As familias non entenden os criterios adoptados pola Consellería de Ensino para este recorte de de persoal “xa que o alumnado matriculado para o curso 2021/22 é o mesmo que no pasado curso 2020/2021, o máximo posible, un total de 20 nenos e nenas, polo que as necesidades de persoal docente son as mesmas”. Dáse a circunstancia de que para o próximo curso mesmo quedaron alumnos sen poder matricularse “porque houbo máis solicitudes que prazas ofertadas, e ata o irmán dun alumno quedou fóra”, sinala Jablonski. Na ANPA lamentan que a Xunta prime os intereses económicos “e non os pedagóxicos”.

Paulo Jablonski, presidente da ANPA da EEI San Pedro de Cesantes

As familias sinalan que, ante a falta de medios, a profesionalidade das mestras suple as carencias. A profesora titora é tamén a directora do centro, ademais de encargarse dos trámites administrativos. O reforzo dunha mestra a tempo completo faise necesario, non só para atender as necesidades das crianzas, con idades de 3 a 5 anos, senón tamén pola situación de pandemia e os protocolos de actuación a seguir no centro. De cara ao próximo curso os protocolos Covid serán “practicamente os mesmos que o curso pasado”.

O reforzo dunha mestra a tempo completo faise necesario especialmente pola situación de pandemia e os protocolos

A ANPA de San Pedro presentou un escrito á Consellería de Educación “coa vontade de que muden o seu criterio e doten á escola co persoal que precisa cun reforzo docente a xornada completa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará