Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As rúas do centro de Redondela acollen a primeira Carreira Popular Infantil

CarreiraInfantil

Carreira infantil nunha imaxe de arquivo

O sábado 28 de agosto celebrarase nas rúas do centro da vila a primeira edición da Carreira popular infantil de Redondela, organizada polo Concello e a Asociación deportiva C.A.R. Poderán competir nenos e nenas das categorías sub 8 (desde os 3 anos de idade) a sub 18. A distancia a percorrer na carreira vai desde os 50 metros para os máis pequenos, ata os 2.500 metros para os de 17 anos de idade. Desde o club de atletismo informan que a inscrición xa está aberta, e por mor dos protocolos Covid as prazas están limitadas a 30 participantes por categoría. Manuel Ulla amósase ilusionado con esta proba logo de que pandemia lles impedise organizar a Carreira Popular de Redondela. O obxectivo é que esta primeira edición da carreira infantil “teña continuidade nos vindeiros anos”.

Manuel Ulla, da Sociedade Deportiva CAR

A saída da carreira e a meta serán na rúa Alfonso XII. As probas comezarán ás 19.00 horas. Non haberá control de tempos, polo que non se xerará lista de resultados finais. Todos os participantes levarán unha medalla de recordo e, a partir da categoría sub 12, haberá trofeo para os tres primeiros e tres primeiras clasificadas de cada proba. Con esta carreira popular desde o club pretenden tamén promocionar o atletismo. Ulla confía en que máis rapazada coñeza “o bo ambiente que se respira nesta disciplina” e se anime a practicala nas escolas da Sociedade Deportiva CAR.

Con esta carreira popular os máis novos poderán coñecer de primeira man o mundo do atletismo

As inscricións é de balde, e pode realizarse presencialmente na tenda Susuela (Redondela) ou na Cafetería Kima (Chapela). Tamén pode facerse por teléfono no número 667833100. O prazo está aberto ata o 25 de agosto ou ata esgotar as prazas dispoñibles.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará