Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Comunidade de Montes de Arcade de Riba dá a batalla contra o eucalipto

MontesArcadedeRiba

Os comuneiros organizan para este sábado unha xornada de “esmochamento de gromos de eucalipto”. O pasado inverno fixeron unha tala para eliminar esta árbore invasora nunha zona do monte, agora queren darlle continuidade ao traballo “aniquilando” os gromos que volven saír.

Convencidos de que recuperar o monte é un traballo “constante e a longo prazo” na Comunidade Montes de Arcade de Riba convocan este sábado, día 14, unha xornada de traballo para eliminar do monte de Pozovello os novos eucaliptos que están agromar. Bruno Rodríguez, secretario da CM Arcade de Riba, advirte que logo de moitos anos de abandono do monte “os eucaliptos fixéronse donos do terreo”. Malia os traballos feitos no inverno coa tala desta especie invasora, non poden “relaxarse” porque novos exemplares están a agromar. Coa xornada organizada para este sábado tentarán poñerlle freo a estes novos eucaliptos “e concienciar á poboación sobre a necesidade de preservar o monte”.

Bruno Rodríguez, secretario da Comunidade de Montes de Arcade de Riba

A cita é o sábado ás 9.00 horas, e o punto de encontro a praza de Pozovello. Fan un chamamento a todos os comuneiros, pero tamén a veciños “e inimigos dos eucaliptos” en xeral para que participen nesta actividade. Os que o desexen poden levar machetas ou laias para “esmochar” os eucaliptos que agroman e axudar a que especies autóctonas coma o carballo poidan medrar.

Os comuneiros convidan a todos os “inimigos dos eucaliptos” a participar nesta xornada para eliminalos do monte
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará