Hoxe é Xoves 16 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A S.D.Pazos comeza a temporada en Preferente co obxectivo de regresar a Terceira

PAzosArquico

Xogadores, corpo técnico e directiva da SD Pazos nunha imaxe de arquivo

O primeiro equipo da Sociedade Deportiva Pazos xogará a temporada 2021/22 na Preferente Sur. Non é por falta de méritos deportivos, senón pola situación da pandemia que os levou o ano pasado a renunciar á competición. Deixan así a Terceira galega tras 11 anos ininterrompidos. Desde o club recoñecen que sabían desta posibilidade, e malia tela recorrido, finalmente confírmase a sanción. Hai uns días retomaron os adestramentos e afrontan a nova campaña con gañas de demostrar que a SD Pazos de Borbén “foi, é e será un referente do fútbol sala da comarca”. Para esta nova temporada contan co mesmo equipo técnico, no que renovaron o adestrador Fran Amoedo e Adrián. Tamén renovaron case todos os xogadores do equipo, xunto a outros que darán o salto do filial e algunhas fichaxes. Mon Miguélez, da directiva do club, amósase moi agradecido polo compromiso dos xogadores e corpo técnico.

Mon Miguélez,, directivo da SD Pazos

Nas últimas temporadas a SD Pazos acadou na Terceira división unha liga e dúas copas. Agora na Preferente Sur asumen o reto de acadar o ascenso. Regresar a Terceira é o seu obxectivo, malia que recoñecen que non será doado “e vai custar arrancar esta temporada despois de máis dun ano parados”. Xa comezaron os adestramentos individuais e nos vindeiros días comezará o traballo en grupo “para coller o ton da competición canto antes”, sinala Miguélez.

O obxectivo do club é acadar o ascenso e regresar a Terceira

Copa Galicia

O primeiro partido oficial será coa primeira eliminatoria da Copa Galicia. O seu rival será o Leis Pontevedra de Julio Mougán, onde se volverán a ver as caras con varios ex xogadores do clube . Será a semana do 5 de setembro .

Deporte base

O club traballa tamén coas categorías inferiores, desde prebenxamíns, e teñen aberto o prazo de inscrición para a temporada 2021/22. Mon Míguez explica que os adestramentos realizaranse seguindo todos os protocolos Covid, con grupos reducidos, e que “os rapaces xa teñen moitas ganas de volver ao pavillón”.

O club ten aberta a inscrición para as categorías inferiores

Máis información e inscricións nos teléfonos 607 473 234 ou 639 585 883.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará