Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela segue no nivel alto de restricións

dav

O comité clínico da Xunta acaba de actualizar o mapa de restricións, e Redondela seguirá unha semana máis no nivel alto. Os novos casos diagnosticados no municipio nos últimos 14 días ascenden a 223, o que deixa unha incidencia acumulada de 763 casos por cada 100.000 habitantes. Isto supón que nos locais de hostalaría mantense o aforo do 50%, tanto nas terrazas como no interior, coa obriga de amosar o certificado de vacinación ou un test negativo de Covid para consumir dentro dos establecementos. O concello de Soutomaior mantense tamén no nivel alto, mentres Pazos de Borbén se sitúa no nivel medio e Fornelos de Montes no máis baixo. A cidade de Vigo segue tamén no nivel alto de restricións.

A caída dos casos activos no conxunto de Galicia nos últimos días permite que dos nove municipios que se atopan actualmente no nivel máximo de restricións tan só permanecerá un, o do Grove. Tamén se reduce o número de concellos no nivel alto, que pasará de 62 a 55. As localidades do nivel medio aumentarán de 54 a 69. Do novo mapa de restricións que entrará en vigor o vindeiro sábado destaca o paso as cidades de Santiago e Ourense a nivel medio, mentres que Vigo, A Coruña, Pontevedra, Ferrol e Lugo mantéñense no alto.

Julio García Comesaña, o conselleiro de Sanidade, constatou unha tendencia á baixa da pandemia, pero subliñou que a incidencia en Galicia segue sendo alta, cunha media a 14 días de 558 casos, e a 7 días de 244 casos. Segundo advertiu, a variante delta xa é a predominante na comunidade, cunha circulación do 82 %. Polo que respecta á vacinación, o 94 % dos maiores de 40 anos xa ten a pauta completa en Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará