Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas retoma o liderado do PP redondelán: “Estarei onde sexa útil ao partido”

Rueda_Redondela (2)

Javier Bas con Alfonso Rueda e Ana Alonso nunha recente xuntanza cos militantes do PP en Redondela

O ex alcalde de Redondela, Javier Bas, regresa á política local para facerse cargo da xestora do PP redondelán. O deputado nacional substitúe no cargo a Ana Alonso, que deixa a dirección da xestora por motivos laborais. Bas agradece o traballo feito ata agora por Alonso, e a confianza de Alfonso Rueda, presidente do PP pontevedrés, do que recibiu o encargo de dirixir a agrupación local ata que se celebre o congreso.

Javier Bas farase cargo da xestora local do partido ata a celebración do congreso

O que fora alcalde durante dous mandatos volve á política local días despois de que AER, socio de goberno do PsdeG-PSOE, anunciase que os seus tres concelleiros abandonan o bipartito e pasarán á oposición en setembro. Unha decisión que deixa ao executivo local con tan só os sete edís do grupo socialista. O obxectivo de Javier Bas é “reforzar o partido e construír unha alternativa ao desgoberno que padece Redondela”. En canto á posibilidade de que o PP, con nove concelleiros, poida presentar unha moción de censura, Bas remítese ás declaracións da voceira popular Carmen Amoedo. O PP non vai especular “ata que non se dilúa a coalición de goberno”. Será o próximo 31 de agosto, e entón os populares verán cales son “as distintas opcións que se presentan”, sinala Bas Corugeira.

O PP agardará ao mes de setembro, cando AER abandone o goberno local, para estudar posibles opcións

O deputado nacional afirma estar centrado na preparación do congreso local, que podería celebrarse “antes de que remate o ano”. Dese congreso sairá o equipo que traballará “para crear unha alternativa de goberno en Redondela”. Faltan menos de dous anos para as eleccións municipais. Á pregunta de se será Bas o candidato á alcaldía polo PP, o ex rexedor afirma que “agora non toca” falar de candidatos. Advirte que será no congreso local onde se trate ese asunto coa militancia, e afirma que estará “onde o PP crea que son útil”.

Bas sinala que aínda “non toca” falar de se será candidato á alcaldía, e que estará “onde sexa últil ao partido”

O que fora alcalde de Redondela durante dous mandatos, Javier Bas, anunciaba en xullo de 2019 que deixaba as súas responsabilidades políticas como líder da oposición en Redondela para centrarse na súa carreira profesional. Uns meses despois regresaba á política para os comicios xerais de novembro, cun posto destacado na lista do PP por Pontevedra. Foi elixido deputado nacional, cargo que ostenta actualmente

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará