Hoxe é Sábado 24 de Febreiro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Satélites poñen música á festa de Fornelos

Satelites_n

Fornelos celebra mañá o seu día grande coa celebración de San Lourenzo. Despois de que a pandemia da Covid obrigase a suspender as actividades o ano pasado, nesta ocasión a comisión de festas prepara unha xornada con todos os protocolos de seguridade. A música comezará a soar ás 10.00 cos pasarrúas a cargo da Banda de Música de Vilatuxe. Despois da misa, prevista para as 12.30, haberá “sesión vermú” a cargo da mesma agrupación, que ofrecerá un concerto ás 19.00 horas na praza do Concello. Nese mesmo emprazamento será a verbena nocturna coa orquestra Os Satélites, a partires das 22.30 horas. Cayetano Tamaño, da organización, explica que as 300 localidades reservadas para o concerto están xa esgotadas, pero que haberá espazo libre na praza “para todos aqueles que queiran achegarse a escoitar a música da verbena”. Desde a comisión confían en que, malia as restricións obrigadas pola Covid os veciños e visitantes poidan gozar “dun día de festa e reencontros coa familia e amigos”. Tamaño agradece tamén a colaboración da veciñanza, os establecementos locais e as administracións “por facer posible esta festa”.

Cayetano Tamaño, da comisión de festas de Fornelos de Montes
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará